Saltar navegación
Muxía, portal do Atlántico, noiva do vento. Secuencia de imaxes do Concello de Muxía

CONCELLO DE MUXIA : Novas

Festival Folclore

Venres 15 de Agosto ás 21:00 horas,
Pasarúas e Actuacións na Explanada do
Porto de Muxía.

Actuacións de:

ANCORADOIRA
(Agrupación Folclórica de Culleredo)
VEIGA DO COTÓN
(Soc.Cultur. e Folclórica de Negreira)
ONDIÑAS DO MENDO
(Agrupac. Leirado-Salvaterra do Miño)

Coorganiza a FEDERACIÓN GALEGA DE GRUIPOS DE DANZA e
Copatrocina a DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL.
Colabora Concellería de Cultura do Concello de Muxía.

Ligazóns recomendadas

II MERCADO DAS RUTAS DO MAR

Un ano máis un éxito de participación, de asitencia de público, de novos Postos, de actuacións-espectaculos de gran calidade, e de sobre todo dun
festeiro ¡Bo Ambiente! durante dous días intensos e dunha gran complicidade de tódolos participantes, que están a facer de estas Rutas do Mar un agasallo a nos mesmos e do que disfrutan as persoas que nos visitan.

¡Grazas pola vosa colaboración e ata o ano que ven!
Concellería de Cultura.

rutasdomar
Concellería de Cultura
¡Benvidos ao Mercado do Mar, da Artesanía, do Teatro nas rúas, da
Gastronomía, da Música! ¡Benvidos ao Mercado da Festa! de un pobo que
xogando cas idades do tempo amosa a súa embarcación mais amable: a
hospitalidade e ledicia de compartir dous días xunto a nós.

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

Xornadas de Seguridade Viaria

Do 4 ao 8 de Agosto.
Informate e inscribete chamando
ao teléfono 981 74 20 01
Concello de Muxía

vial

Descargas asociadas

Presentación dos Camiños da Costa da Morte

No Salón de Plenos do Concello de Muxía
o Lúns 28 de xuño de 2008;

O Conselleiro de Medio Ambiente, acompañado do Alcalde de Muxía, Camariñas, Fisterra así como deputados,membros da Corporación, representantes de Asociacións e veciños,Presentou:

"OS CAMIÑOS DA COSTA DA MORTE"

camino

Ligazóns recomendadas

Cultura

Entre os días 14 a 18 de xullo a Concellería de Cultura do Concello de Muxía desenvolveu uns obradoiros de modelado en barro para nenos e nenas de todas as idades.

Estes obradoiros estiveron a cargo da artesá Viki Rivadulla e desenvolvéronse en horario de 10 a 14 horas de luns a venres. O lugar de traballo foi o Edificio de Voluntariado e houbo un total de 46 alumnos e alumnas.
O traballo realizado variou segundo as idades , en total fixéronse as seguintes pezas:

-Cuenco ou xarrón elaborado coa técnica da “pella”
-Luas ,estrelas e soles elaborados coa técnica de “placa”
-Modelado de flores
-Pintáronse as pezas unha vez secas.

O nivel de satisfacción de nenos/as e nais foi alto manifestando o desexo de que se repita a actividade

modelado

Nenos e Nenas de Muxía en Naturmaz

A primeira semana de xullo os rapaces
e rapazas de Muxía ¡disfrutaron de Naturmaz!


Ligazóns recomendadas

Verán 2008

Programación Deportiva-Cultural

cartelverano

Estimados veciños e veciñas:

O Concello de Muxía, como promotor e garante do fomento da cultura, e da participación de todos os cidadáns en actividades culturais, lúdicas e deportivas, organiza un amplo abanico de eventos que se desenvolverán nos vindeiros meses de verán, segundo a programación que se detalla no anexo que podes descargar.

Sirva a presente como invitación a que participedes todos e todas, tal e como esperamos, posto que o noso compromiso ten como base que o concello siga crecendo e mellorando os servizos, e manteremos este empeño sempre contando coa vosa colaboración e participación para dinamizar e enriquecer a vida social, cultural e deportiva.

Espero que o esforzo que realizamos, por ofrecer mellores servizos e unha maior axilidade nos trámites administrativos, sexa do voso agrado.

Aproveito a ocasión para mandarvos un cordial saúdo e desexarvos un
¡BO VERÁN!

Irma Lucía García Barcía
Concelleira de Cultura

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

Noitebus

Muxía incluida no Programa de Transporte
Nocturno.

NOITEBUS
O prezo do billete será de 2 euros durante toda a noite e o calendario, horarios e paradas poden consultarse na web

NOITEBUS

Ligazóns recomendadas

Punto de Información Catastral

PIC2
Casa do Concello de Muxía
rúa Real, 35. 2º Andar.
Horario de atención : 9:00 h. ás 14:00horas.

¡SERVIZO GRATUITO!

Resolución do 29 de marzo de 2005.
Rexime de establecemento e FUNCIONAMENTO dos PIC.
(B.O.E. de 7 de mayo de 2005)

Ligazóns recomendadas

Axudas por nacemento/adopción de nenos(as).

¡Aberto o prazo para presentar solicitudes, ano 2008!
De Xaneiro ata o 30 de setembro de 2008

No ano 2007 recibíronse 10 solicitudes e concedéronse 9.

Custo total do programa: 9.000,00 euros


FINALIDADE destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

-DIRIXIDAS a aquelas familias que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello de Muxía.

-A CONTÍA da axuda consistirá no pagamento único de MIL EUROS por cada nacemento de fillo/a,adopción ou acollemento.

-Para a súa TRAMITACIÓN, dirixirse ós
SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Muxía.

-Mais INFORMACIÓN no TEl.981 74 20 01
BASES PUBLICADAS NO BOP

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de Muxia