A FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE É DECLARADA DE INTERÉS GALEGO POLA XUNTA DE GALICIA.
Onte, 2 de febreiro, foi publicada no DOGA a resolución do 30 de decembro de 2011 pola que a Fundación Gonzalo López Abente é declarada fundación de interese galego.
O padroado da Fundación quere compartir esta boa nova con tódolos veciños e veciñas da Costa da Morte, e especialmente de Muxía, e comprométese a seguir traballando pola recuperación e promoción dunha figura de enorme talla literaria e importancia histórica como é Gonzalo López Abente.
Ademáis a fundación ten o obxectivo, tal como sinalan os seus estatutos, de traballar a prol da difusión da obra doutros poetas e escritores que teñan realizada a súa obra, na totalidade ou en parte, en lingua galega.
O Concello de Muxía, quere poñer en coñecemento do Público en xeral, en especial ós propietarios/as de Animais de Compañía, que ante os numerosos danos ocasionados nos Bens Públicos pertencentes ó Ente Público Portos de Galicia e, os deste Concello en xardíns, paseos.... así como as incomodidades que ocasionan os excrementos dos cans na vía pública, estos deberán ser recollidos polos propietarios/as ou, pola contra deben levar o can as zonas habilitadas polo Concello para este fin.
A partires do vindeiro luns 30 de xaneiro, a Policía Local deste Concello, levará a cabo un Control intensivo, para facer cumprir o exposto no Regulamento Municipal de Animais, a Lei Autonómica 1/1993, de 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade e o Decreto 153/1998, do 02 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve dita Lei, a Lei 32/2007, do 7 de novembro, e o disposto na Lei Sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.
Para unha mellor convivencia entre todos/as, respectemos ós demais
O ALCALDE
Félix Porto Serantes
O Concello de Muxía ten aberto o prazo de inscrición para os establecementos que queiran participar na Ruta –degustación de pinchos de Entroido .Os establecementos que queiran participar teñen para anotarse ata o vindeiro mécores,1 de febreiro.
A ruta dos pinchos de entroido farase os días 18 , 19, 25 e 26 de febreiro, co mesmo funcionamento que en anos anteriores. Será unha ruta de degustación, non un concurso e as persoas que participen percorrendo os bares da ruta poderán optar a unha cesta de produtos de entroido ( cachola, chourizos, grelos, etc…) que sorteará o Concello de Muxía.
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES
As persoas interesadas en asistir aos cursos para maiores de:
o Bailes de salón
o Manualidades
(elaboración de tellas artísticas)
o Elaboración de conservas e licores
¡xa poden apuntarse! no Concello ata o 24 de febreiro de 2012.
REQUISITOS:
•SER MAIOR DE 65 ANOS
•TAMÉN PODERÁN ASISTIR PERSOAS MENORES DE 65 ANOS QUE SUFRAN NECESIDADES ESPECÍFICAS, RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL…
Os cursos impartiranse naqueles lugares que teñan maior número de persoas inscritas.
Unha vez rematado o prazo de inscrición comunicarase ás persoas inscritas os lugares e horarios das clases.
Prazo de inscrición: ata o 24 de febreiro
Prazas limitadas. A reserva de prazas farase por orde de inscrición.
Coa GALERÍA MULLERES o Concello de Muxía destacará cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…. cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra.
Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.
GALERÍA MULLERES nace co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes , das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.
Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008 . A Biblioteca da Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así haberá obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.
O mes de febreiro é o mes de
María Reimóndez

LUGO 1975
Tradutora e intérprete de profesión, ten unha longa carreira como tradutora literaria. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución. Como escritora ten numerosos premios , así no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo, no ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil , en 2006, foi galardoada co Premio San Clemente e co Premio Frei Martín Sarmiento no 2010 .Ten feito un importante traballo de investigación e divulgación sobre o feminismo.
Especialmente relevante é o seu traballo no campo da cooperación ao desenvolvemento . Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e en 1998 fundou Implicadas no Desenvolvemento, ,organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. Reimóndez é a súa presidenta e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos .
O seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias polo mundo.
María é unha muller fondamente comprometida e definitivamente activa en tódolos terreos e especialmente nos feminismos e a defensa da lingua galega en particular e da diversidade lingüística en xeral.
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar as obras :
REIMÓNDEZ, MARÍA. O clube da calceta. Xerais
REIMÓNDEZ, MARÍA, Moda galega Ed. Positivas
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas
A XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO PARA RECOÑECER COMPETENCIAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DE EXPERIENCIA LABORAL E OUTRAS VÍAS DE FORMACIÓN
D.O.G.A nº 5 do 09 de xaneiro de 2012.
Relación de unidades de competencia e prazos obxecto de acreditación:
-Actividades de xestión administrativa
-Electricidade e electrónica
-Enerxía e auga
-Fabricación mecánica
-Hostalaría e turismo:cociña, pastelaría e confeitaria, repostería, servizos de restaurante, xestión de aloxamentos turísticos.
-Industrias alimentarias
-Madeira, moble e cortiza
-Sanidade: emerxencias sanitarias, farmacia e parafarmacia
-Educación infantil
-Téxtil, confección e pel: confección e moda
-Transporte e mantemento de vehículos
-Soldadura e caldeiraría, fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.
As persoas interesadas poderán obter máis información nas dependencias municipais, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Resultado do II MARATÓN DE FOTOGRAFÍA RAMÓN CAAMAÑO, que convoca o Concello de Muxía.
Existían tres temas e en cada tema tres premios.

Os premiados son os seguintes:
Tema A: ENTORNO NATURAL
1º PREMIO: Xoan Carballo Folgado coa fotografía Caldeiras do Castro
2º PREMIO: Gustavo González Rodriguez coa fotografía Sala do Perello
3º PREMIO: Manuel Vilar Álvarez coa fotografía Río Negro
Tema B: PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO E ETNOGRÁFICO
1º PREMIO: Gustavo González Rodriguez coa fotografía Mosteiro de Moraime
2º PREMIO: Moisés López Montero coa fotografía Barca
3º PREMIO: Xoan Carballo Folgado coa fotografía Muíños do Río Negro
Tema C: ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL
1º PREMIO: Rodrigo Martínez Sande
2º PREMIO: Víctor Hugo Conde López
3º PREMIO: Xoan Carballo Folgado
Ligazóns recomendadas

Casa do Concello de Muxía
rúa Real, 35. 2º Andar.
Horario de atención : 9:00 h. ás 14:00horas.
¡SERVIZO GRATUITO!
Resolución do 29 de marzo de 2005.
Rexime de establecemento e FUNCIONAMENTO dos PIC.
(B.O.E. de 7 de mayo de 2005)
Ligazóns recomendadas
Teléfonos de Información:
Monbús 981292900
Aucasa:981588811
Vázquez:981254145
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas