Saltar navegación
Muxía, portal do Atlántico, noiva do vento. Secuencia de imaxes do Concello de Muxía

CONCELLO DE MUXIA : Novas

Aviso:

Aplazase a 2ª Proba do Circuito Galego Open de Lonboard e Paddleboard na Praia de Nemiña (Muxia) para os días 19/20 de Maio.


aplazadoConvocada a 2ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddleboard na Praia de Nemiña (Muxia), sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana presentanse negativos vendo as condicions imposibles para poder realizar o campioanto. Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso G.A.L e Silfo Surf club, decidimos aprazar a proba en Nemiña (Muxia) para os días 19 ou 20 de Maio. O prazo de inscrición segue aberto ate o próximo mercores 16, dado que o xoves 17 e festivo día das letras galegas. Recordade que para tramitar a inscricion deberedes enviar un e-mail cos vosos datos a campeonatos@fgsurf.org

Convocatoria Pleno Concello de Muxía

Sesión Ordinaria que se celebrará na CASA DO CONCELLO , áss vinte horas cero minutos do Venres día dezaoito de maio do dous mil doce.

pleno

ORDE DO DÍA:

1- APROBACION ACTA SESION ANTERIOR
2- DAR CONTA LIQUIDACION 2011
3- MODIFICACIONS PRESUPOSTARIAS ORZAMENTO 2012
4- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITO NUMERO 2
5- ADHESION CONVENIO MARCO SOBRE RAEE. CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE
6- RATIFICACION DECRETO DE ALCALDIA RELATIVO AO PEIM 2012
7- CONVENIO PREVENCION INCENDIOS FORESTAIS 2012
8- CONVENIO XEFATURA PROVINCIAL DE TRAFICO
9- BASES CONCURSO DE CONTOS
10- DAR CONTA INFORMES DE MOROSIDADE
11- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCION SOBRE OBRIGAS DE PAGO PENDENTES A 01-01-2012 (R/DECRETO 4/2012)
12- CONTROL ORGANOS DE GOBERNO. ROGOS E PREGUNTAS
Muxía 15 de maio de 2012
O Alcalde
Félix Porto Serantes

Presentación

O SEMESCOM organiza a presentación do libro:

"Un mar de sensacións.
Rutas e poemas para descubrir A Costa da Morte".

de Xan Fernández e Rosalía Fernández Rial

semesconLugar:
Biblioteca Municipal de Muxía
Día e Hora:
venres 18 de maio ás 18:45 horas

Colabora:
Fundación Gonzalo López Abente

Galería Mulleres

Coa GALERÍA MULLERES o Concello de Muxía destacará cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…. cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra.
Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.

GALERÍA MULLERES nace co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes , das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.
Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008 . A Biblioteca da Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así haberá obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.
O mes de maio é o mes de
Xela Arias

xela
Lugo 1962 - Vigo 2003 .
Poeta, tradutora e profesional no ámbito editorial.

Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979 , e pioneira na tradución ao galego , labor polo que recibe diversos recoñecementos, a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución, ou o Premio Plácido Castro, póstumo.
En 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica, exercendo a docencia nos seus últimos anos.
Xela foi calificada pola crítica como rupturista, transgresora, valente, e ousada, a súa personalidade poética adiántase ao seu tempo
O poemario Intempériome foi editado o mesmo ano da súa morte.



Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:
INTEMPÉRIOME Espiral Maior,2003

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

Dia das letras Galegas

Programación:

Letras12DOMINGO 6 DE MAIO:
OBRADOIRO DE HIP HOP EN GALEGO.
Ás 17 horas no Polideportivo
Para mozos/as de 13 a 17 anos
DOMINGO 13 DE MAIO:
O SEÑOR DAS DUNAS, no Salón de Actos ás 18 horas. Espectáculo para público familiar
- FESTA DOS MAIORES
XOVES 17 DE MAIO:
- 12 horas: HOMENAXE A LÓPEZ ABENTE con ofrenda floral no monumento , e inauguración de placas conmemorativas na casa na que viviu o poeta e no Cabo da Grixa, lugar de nacemento. O percorrido irá acompañado con lectura de poemas.(Organiza Fundación Gonzalo López Abente)
- 20 horas: Actuación da CORAL VIRXE DA BARCA, no Salón de Actos.
VENRES 18 DE MAIO: 18:45 horas: . Na Biblioteca Municipal, PRESENTACIÓN DO LIBRO “ Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte” de XAN FERNÁNDEZ e ROSALÍA FDZ. RIAL. (Organiza SEMESCOM, colabora Fundación G. López Abente).
SÁBADO 26 DE MAIO:
-RUTA A PÉ POLA VILA DE MUXÍA PARA ALUMNOS DE SECUNDARIA. Organiza Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra, Colabora Concello de Muxía
- 19:30 horas: Na Biblioteca Municipal, presentación do libro “A narrativa mariña de Gonzalo López Abente”. Edición de Xesús Sambade. Organiza Fundación López Abente.

***

Descargas asociadas

Vacacións

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, ten aberto o prazo de inscrición para participar no XVI PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE, que subvenciona a CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA

cogami

Recordade que a data límite para recibir solicitudes é o 29 de xuño.

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

Programa de Alimentos...

Aberto o prazo para poder ser incluido
no: PLAN 2.012 DE AXUDA ALIMENTARIA DA U.E.a través da FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria)e da CRUZ ROJA ESPAÑOLA.

O Concello de Muxía solicitou a súa inclusión no Plan 2.012 de Axuda Alimentaria da UE (Unión Europea) a través da FEGA e da CRUZ ROJA ESPAÑOLA, dirixida ás persoas máis necesitadas que, pola súa situación familiar ou social se atopen en situación de ALTA NECESIDADE ou de EXCLUSIÓN SOCIAL.

cruzrojaA persoas e familias que se encontren nesas situacións poden solicitar a súa inclusión provisional neste Programa na oficina do educador familiar (3º piso da Casa do Concello) desde o 30 de abril ata o 18 de maio de 2012, onde se informará da documentación a presentar para valorar o seu dereito a ser incluídos no mesmo cando se confirme a súa aprobación.

O ALCALDE
Félix Porto Serantes

Axudas e aberto prazo Sergas...

CONVOCATORIA DE AXUDAS Ó FOMENTO DA INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EMPRESARIAL E PARA INCENTIVAR AS INVERSIÓNS INNOVADORAS.

*Línea de apoio ao crecemento empresarial: Subvencionaranse investimentos innovadores( creación dun novo centro produtivo, ampliación dun establecemento da empresa, diversificación da produción). Dotación de unidades de I+D. Transferencia de tecnoloxía. O prazo remata o 16/05/2012.

*Línea de inversión innovadoras:
Subvencionarase proxectos de I+D a programas do Plan Nacional tanto individuais como en cooperación. O prazo remata o 16/05/2012.
(D.O.G.A)

hieloABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN DO SERGAS.
DOG. 26 de marzo de 2012

Traballador/a social, prevención riscos laborais, enfermeiro/a, matrón/matrona, psicoloxía clínica.

Pódense presentar as solicitudes de inscrición ata o 26 de abril de 2012.

Mais información:
Concello de Muxía, Rúa Real-35- ou ben chamar o teléfono 981 742001/742117.

Muxía, 19 de abril de 2012.
O ALCALDE
Félix Porto


Anuncio:

¡Aberto o prazo!

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES


OBXECTO:-Facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

-As estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo. Estancia e desprazamento gratis.

EstadiasREQUISITOS:
-Ter fillos/as exclusivamente ao seu cargo.
-Renda non superir ao salario mínimo interprofesional.
-Ir acompañadas dos fillos ou fillas entre 2 e 12 anos.

PRAZO: Ata o 16 de maio.DOGA nº 72,do 16/04/2012
Mais información:
Centro de Información á Muller
Concello de Muxía, Rúa Real-35-Tlf. 981 742001.

Muxía, 17 de abril de 2012.
O ALCALDE

ANUNCIO:

De acordo co establecido na Disposición adicional oitava da Lei 2/2011 de Economía Sostible,

FAGO PÚBLICO;

Que os procedementos nos que subsiste neste Concello o réxime de licenza de actividade son os seguintes:

economiaActividades contempladas no Decreto 133/2008 de incidencia ambiental que deban de sometersa ás A.I.A.
Actividades en locais fixos regulados no Decreto 292/2004 de catálogo de espectáculos públicos de Galicia e R. Decreto 2816/82 de Espazos públicos.
Actividades exceptuadas do ámbito de aplicación da Lei 17/2009 de libre acceso á actividades e servizos e a súa execución.

•Servizos non económicos de interese xeral.
•Servizos financieiros.
•Empresas de traballo temporal.
•Servizos sanitarios, incluídos os farmacéuticos.
•Servizos no ámbito do transporte.
•Servizo e redes de comunicación electrónica e recursos ou servizos asociados.
•Servizos audiovisuais.
•Actividades de xogo, incluídas loterías.
•Actividades que suporían exercicio de autoridade pública como notarios ou rexistradores da propiedade e mercantís.
•Servizos sociais.
•Servizos de seguridade privada.
Actividades hoteleiras en establecementos de máis de 6 habitacións ou con menos se teñen cafetería, restaurante e similares.
Garaxes comunitarios de estacionamento de vehículos. Garaxes comerciais.
Actividades que requiren informe ou autorización de outra administración.
Actividades autorizables e/ou permitidas en solo rústico.
Actividades en ámbitos declarados de interese cultural ou incluídas en catálogo da Xunta ou municipal.
Actividades en solo público municipal.
En xeral, aquelas que non consideradas nos supostos anteriores nas que se aprecien polo Concello razóns de interese xeral.

A Ordenanza ao respecto foi aprobada polo Pleno de 2 de marzo de 2012 e entrará en vigor pasado o prazo de 30 días e publicada integramente no BOP.

Muxía, 3 de marzo de 2012

O Alcalde
Asdo: Félix Porto Serantes

Punto de Información Catastral

PIC2
Casa do Concello de Muxía
rúa Real, 35. 2º Andar.
Horario de atención : 9:00 h. ás 14:00horas.

¡SERVIZO GRATUITO!

Resolución do 29 de marzo de 2005.
Rexime de establecemento e FUNCIONAMENTO dos PIC.
(B.O.E. de 7 de mayo de 2005)

Ligazóns recomendadas

HORARIOS DE AUTOBÚS

Teléfonos de Información:
Monbús 981292900
Aucasa:981588811
Vázquez:981254145

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de Muxia