No ano 2006 aprobouse o PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL (PEMU)
O Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) do Concello de Muxía é un plan estratéxico e operativo de carácter técnico, formado por un conxunto de procedementos e normas de actuación que constitúen un sistema de dispositivos de resposta para a Administración local fronte a calquera situación de emerxencia que ocorra.
O Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) desglósase en 2 funcións básicas:
1. Operativa.
2. Preventiva e de autoprotección.
Podemos destacar os seguintes obxectivos operativos:
1. Promover actividades de autoprotección cidadá e corporativa.
2. Informar e concienciar á poboación das medidas de protección e dos riscos.
3. Coordinar os recursos para unha rápida resposta.
4. Identificar e avaliar os distintos riscos a nivel do concello.
5. Determinar as medidas de protección fronte a estes riscos.
6. Organizar as funcións básicas de Protección Civil.
7. Intervir en todo tipo de emerxencias como: riscos ambientais e sanitarios, naturais, riscos en concentracións humanas, actos vandálicos, etc.
O grupo está composto por 27 membros