Saltar navegación
Muxía, portal do Atlántico, noiva do vento. Secuencia de imaxes do Concello de Muxía

TURISMO : Oficina de Turismo

Exterior da Oficina de TurismoA importante cantidade de visitantes que acoden ao noso concello durante todo o ano, atraídos pola nosa riqueza paisaxística, cultural e histórica, configuran un concello no que o turismo representa o principal recurso potencial de desenrolo da economía da zona.

A importancia de Muxía dentro dos Camiños Xacobeos Galegos, como prolongación dos Camiños que rematan en Santiago de Compostela a Muxía e a súa prolongación a Fisterra, fan que durante todo o ano se acheguen moitos peregrinos que desexan rematar a súa peregrinaxe na nosa terra.

Por ilo, a Oficina Municipal de Turismo do Concello de Muxía, situada na Casa da Cultura, desenvolve unha importante labor de información e atención turística, co obxectivo único de contribuir a informar dos recursos turísticos da Costa da Morte e axudar a que a estancia dos visitantes no noso concello sexa o máis alegre e agradable posible.

A Oficina permanece aberta todos os días da semana. Os horarios son os seguintes:

· Luns a venres: 10 a 14:00 h; 16 a 20:00 h.
· Sábado, domingo e festivos: 11 a 13:00 h.; 15 a 17:00 h.

Para poñerte en contacto coa Oficina Municipal de Turismo, podes dirixirte á Casa da Cultura ou ben chamar ao tlfno 981 742563.

By Abertal
Concello de Muxia