O Alcalde e a Concelleira de Muxía recibiron no Salón de Plenos do Concello ao grupo do Hospital de Conxo que vai facer o Camiño de Muxía a Fisterra
Ligazóns recomendadas
O concello de Muxía abre o prazo de inscrición o vindeiro luns para facer o Camiño Xacobeo dende O Cebreiro durante varias fins de semana
A primeira saída será o 2 de outubro e cada sábado irase en autobús ata a parada anterior e farase a seguinte etapa, así as persoas que traballan durante a semana poderán completar o percorrido de sábado en sábado. Os interesados deben inscribirse no Concello, sabendo que as prazas son limitadas á capacidade do autobús e que terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Muxía, se quedan prazas completarnse con persoas de fóra do municipio. Tendo esto en conta a reserva de prazas será por rigurosa orde de inscrición.
O sábado 27 de novembro terá lugar unha xornada de peche do Camiño na que se entregarán as Compostelanas a todos os que fixeran o percorrido e ademáis haberá actividades relacionadas co Camiño ( charlas, teatro, exposición fotográfica,etc…).
Ligazóns recomendadas
Romería da Virxe da Barca
10,11,12 e 13 de setembro 2010
Cartel das Festas
Ligazóns recomendadas
¡Moitas grazas! a tódolos muxiáns pola vosa xenerosidade,a vosa participación e aportación nestes dous días de Festa.
¡Ata o ano que ven!
Félix Porto Serantes
Alcalde de Muxía.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas
PRESENTACIÓN:
Esta maratón fotográfica está organizada polo Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.
Con esta maratón a organización proponse sobre todo manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, así como a promoción do patrimonio muxián, a dinamización turística e cultural do concello e a promoción da fotografía como actividade artística e de lecer.
DATAS DE REALIZACIÓN:
Días 9 e 10 de outubro de 2010
PREMIOS:
1º Premio: 1.600 € máis diploma
2º Premio: 800 €
3º Premio: 400 €
5 accésits que consistirán nunha fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural
Descargas asociadas
Programación Deportiva e Cultural:
Mostras,IV Mercado das Rutas do Mar, Deporte,Voluntariado,Teatro,Cultura,Roteiros a pé,Festas Patronais,A Barca...
¡Ven e disfruta de Muxía este verán!
Descargas asociadas
Coa GALERÍA MULLERES o Concello de Muxía destacará cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…. cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra.
Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.
GALERÍA MULLERES nace co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes , das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.
Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008 . A Biblioteca da Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así haberá obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.
O mes de setembro é o mes de
María Casares

A Coruña 1922 - París 1996
Actriz de teatro e cine.
Trunfa en Francia onde residía exiliada dende os 14 anos( era filla de Casares Quiroga ) convertendose rápidamente nunha das figuras da vanguarda escénica. Musa de importantes escritores e cineastas, como Camus e Barrault, protagonizóu obras claves do existencialismo e foi recoñecida e admirada en toda Europa. Foi premiada en 1989 co Moliére á mellor actriz de teatro. Recibe tamén o Premio Nacional de Teatro en Francia, e a Medalla ó Mérito de Belas Artes en España. Obtén , ademáis, a medalla Castelao da Xunta, que non acode a recoller.
No ano de 1996, María Casares aceptará que os premios de teatro de Galicia leven o seu nome. Un dos seus últimos xestos foi legar ao concello de Alloue as súas propiedades, hoxe convertidas na Casa dos Actores "María Casares".
Nunca voltou a Galicia.
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar máis información nos libros:
ESTEVEZ, ARANTXA
MARIA CASARES consorcio
MARCO, AURORA
DICCIONARIO DE MULLERES GALEGAS
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas

II Plan Municipal de IGUALDADE de oportunidades entre Mulleres e Homes de Muxía. (2010-2014)
Ligazóns recomendadas
A FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE CONTARÁ NO SEU PADROADO COA REAL ACADEMIA GALEGA, A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
Continuando cos trámites para a constitución da Fundación Gonzalo López Abente, a Comisión Xestora da mesma estase a reunir con institucións e asociacións para a formación do seu Padroado.
O pasado 19 de abril o Alcalde, Félix Porto, reuníase na Coruña co presidente da Deputación, Fernández Moreda, que lle mostrou o seu apoio á Fundación e asegurou que a Deputación formará parte do padroado.
Xa pola tarde, ese mesmo día , o Alcalde xunto co poeta Rivadulla Corcón eran recibidos na Real Academia Galega polo Presidente, Xosé Luís Méndez Ferrin. Ferrín xa tratara a participación na Fundación cos outros membros da Academia e asegurou que non só formarán parte dela senón que participarán activamente nas súas actividades. Méndez Ferrin mostrase moi satisfeito de que saia adiante esta Fundación xa que López Abente é un grande poeta que merece que a súa obra e o seu traballo a prol da cultura e a lingua galegas sexan xustamente lembrados e apreciados .
Tamén dende a AELG se obtivo resposta positiva. Será nomeado un escritor /a da Costa da Morte que represente á Asociación dentro do Padroado da Fundación.
A Comisión Xestora da Fundación móstrase moi satisfeita co apoio recibido e xa están traballando na elaboración dun plan de actuación para que a figura e a obra dunha persoalidade tan relevante das nosas letras e a nosa cultura , como é López Abente, sexa lembrada e estudada como se merece dende a súa vila natal que el tanto amou e para todo o País polo que tanto traballou.
Ligazóns recomendadas

As persoas interesadas en recibir unha
PEGATINA:
MUXÍA FIN DO CAMIÑO.
pódenas retirar de xeito totalmente
GRATUITO nas oficinas da Casa do Concello de Muxía.-
Teléfono información: 981742001
Descargas asociadas
Así se poñia en valor o Camiño en Muxía, por aquelas datas.
Foto cedida por : Javier Toba (Muxía).
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas

Casa do Concello de Muxía
rúa Real, 35. 2º Andar.
Horario de atención : 9:00 h. ás 14:00horas.
¡SERVIZO GRATUITO!
Resolución do 29 de marzo de 2005.
Rexime de establecemento e FUNCIONAMENTO dos PIC.
(B.O.E. de 7 de mayo de 2005)
Ligazóns recomendadas
Teléfonos de Información:
Monbús 981292900
Aucasa:981588811
Vázquez:981254145
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas