Saltar navegación
Muxía, portal do Atlántico, noiva do vento. Secuencia de imaxes do Concello de Muxía

CONCELLO DE MUXIA : Novas

Recepción

O Alcalde e a Concelleira de Muxía recibiron no Salón de Plenos do Concello ao grupo do Hospital de Conxo que vai facer o Camiño de Muxía a Fisterra

Romería da Barca 2010

SEMANA CULTURAL DA BARCA

Ven a facer o Camiño...

O concello de Muxía abre o prazo de inscrición o vindeiro luns para facer o Camiño Xacobeo dende O Cebreiro durante varias fins de semana

Xacobeo 2010

O concello de Muxía abre o prazo de inscrición o vindeiro luns para facer o Camiño Xacobeo dende O Cebreiro durante varias fins de semana. A primeira saída será o 2 de outubro e cada sábado irase en autobús ata a parada anterior e farase a seguinte etapa, así as persoas que traballan durante a semana poderán completar o percorrido de sábado en sábado.

Presentación

Romería da Virxe da Barca
10,11,12 e 13 de setembro 2010

IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR 2010

¡Moitas grazas! a tódolos muxiáns pola vosa xenerosidade,a vosa participación e aportación nestes dous días de Festa.
¡Ata o ano que ven!

Félix Porto Serantes
Alcalde de Muxía.

Poemario

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

Descubre Muxía

O martes ,10 de agosto, o Alcalde de Muxía, Félix Porto, xunto co mestre e escritor Xan Fernández Carrera, presentou a ruta “ Descubre Muxía. Muxía – Monte Facho”

No acto de presentación comezou falando o Alcalde, Félix Porto, que agradeceu a Xan Fernández Carrera todo o traballo que está facendo a prol da difusión do patrimonio muxián e a colaboración que , con este fin , mantén co Concello de Muxía. Dentro do programa Descubre Muxía Xan Fernández Carrera deseñou xa tres rutas : unha que percorre a vila de Muxía visitando lugares emblemáticos coma os secadoiros de congro e as Pedras da Punta da Barca; outra que vai de Muxía a Os Muíños baixando polo Río Negro e voltando á vila por Chorente, e esta que hoxe se presenta que vai de Muxía ata o Monte Facho.
O Alcalde insistiu na importancia de dar a coñecer estas rutas para promover o turismo cultural e de calidade e destacou o valor do traballo de Xan Fernández plasmado nun folleto cun texto e unhas fotografías impecables.
A continuación falou Xan Fernández Carrera, autor da ruta e do folleto que a exprica, que comezou dicindo que este roteiro, coma os dous anteriores realízase para poñer en valor o noso patrimonio cultural. Fernández Carrera mostrou o seu desexo de converter nun labor colectivo o descubrimento do patrimonio de Muxía, conservando, por suposto, o seu valor máis preciado, a súa costa.

Maratón Fotográfico "RAMÓN CAAMAÑO"

PRESENTACIÓN:
Esta maratón fotográfica está organizada polo Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.
Con esta maratón a organización proponse sobre todo manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, así como a promoción do patrimonio muxián, a dinamización turística e cultural do concello e a promoción da fotografía como actividade artística e de lecer.

DATAS DE REALIZACIÓN:
Días 9 e 10 de outubro de 2010


1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] [ 7 ]


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010

Volver
By Abertal
Concello de Muxia