Coa GALERÍA MULLERES o Concello de Muxía destacará cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…. cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra.
Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.
GALERÍA MULLERES nace co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes , das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.
Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008 . A Biblioteca da Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así haberá obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.
O mes de setembro é o mes de
María Casares

A Coruña 1922 - París 1996
Actriz de teatro e cine.
Trunfa en Francia onde residía exiliada dende os 14 anos( era filla de Casares Quiroga ) convertendose rápidamente nunha das figuras da vanguarda escénica. Musa de importantes escritores e cineastas, como Camus e Barrault, protagonizóu obras claves do existencialismo e foi recoñecida e admirada en toda Europa. Foi premiada en 1989 co Moliére á mellor actriz de teatro. Recibe tamén o Premio Nacional de Teatro en Francia, e a Medalla ó Mérito de Belas Artes en España. Obtén , ademáis, a medalla Castelao da Xunta, que non acode a recoller.
No ano de 1996, María Casares aceptará que os premios de teatro de Galicia leven o seu nome. Un dos seus últimos xestos foi legar ao concello de Alloue as súas propiedades, hoxe convertidas na Casa dos Actores "María Casares".
Nunca voltou a Galicia.
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar máis información nos libros:
ESTEVEZ, ARANTXA
MARIA CASARES consorcio
MARCO, AURORA
DICCIONARIO DE MULLERES GALEGAS
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas