Saltar navegación

O Camiño Xacobeo : Camiño Xacobeo da Costa Fisterra-Muxía

Ruta Camiño Xacobeo da Costa Fisterra-MuxíaRepresenta o tramo do chamado “Camiño da Costa” que discorre polo concello de Muxía. O Camiño parte da vila de Muxía e percorre a pé o itinerario sinalizado, pasando por lugares como Lourido, Xurarantes, Figueiroa, Vilela, Morquintián, Guisamonde, Frixe e Lires (Ponte Baosilveiro), este último xa no concello de Cee. Trátase dun Camiño sinalizado e historicamente recoñecido, considerado como complementario do tradicional “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía ou Fisterra”.


Volver

By Abertal
Concello de Muxia