|
OUTROS TEMPLOS DE INTERESE
A Capela da Santiña
de Trasufre.
Templo de estilo barroco con forma de
cruz latina e tres retábulos no seu interior.
A Igrexa Parroquial de
San Pedro de Coucieiro.
Totalmente reconstruída ó longo do
S. XVIII. O conxunto que forma coa casa rectoral, cabazo, adro e campo da
festa constitúe un todo de certa beleza.
A Igrexa de Nosa Señora da O.
O templo actual é producto de diversas
reconstruccións que se realizaron a finais do século XVII
e principios do XVIII.
A Igrexa de San Pedro de Leis.
Templo románico de reducidas dimensións.
Consta dunha soa nave con cuberta de madeira e ábside rectangular.
Capela de Santa Mariña.
Fundada polos Pais Bieitos de Moraime
no ano 1670, hoxe dependente da parroquia de San Pedro de Coucieiro.
Capela de San Roque.
Situada preto do lugar de Chorente, o domingo seguinte á festividade
deste santo celébrase unha romaría.
Capela de San Isidro de Quintáns.
Fundada no S. XVII polos seus cofrades,
encabezando a lista D. Lope Vázquez, do lugar de Señores, preto de Suxo.
Capela da Virxe do Pilar de Suxo.
Fundada polos veciños no ano 1902. Frente
á Capela hai un cruceiro que foi doado por emigrantes cubanos do lugar
de Suxo.
Igrexa Parroquial da Grixa de Vilastose.
Ten un campanario de estilo barroco,
separado da mesma e situado nun lugar máis alto, que xunto cun cabazo
e un cruceiro forman un conxunto pétreo curioso.
Capela do Santo Outel do Castro.
Adicada ó mencionado santo e fundada
no ano 1660 por D. Juan de Cantorna. De par da capela hai un interesante
cruceiro que conserva unha inscrición que fai referencia ós fundadores
do santuario.
Igrexa Parroquial de San Fiz de Caberta.
Templo de pequenas dimensións, a súa
parte máis antiga data do S.XII, modificado cara o ano 1700. Na
súa fachada principal podemos contemplar unha figura en pedra do seu patrono.
Preto da igrexa hai un cruceiro.
Igrexa Parroquial de San Tirso de Buiturón.
Diante da igrexa hai unha pequena praza
cun cruceiro e un vello carballo que xunto coas construccións que hai
arredor danlle ó conxunto un aspecto tradicional.
|