<< Volver

Festas relixiosas:

SANTUARIO DA BARCA

A Romaría da Nosa Señora da Barca (setembro).
Representa o fenómeno cultural máis importante de todo o ano e unha das festas máis grandes que se celebran en Galicia. A Romaría, verdadeira simbiose de actos relixiosos e profanos, xira en torno á historia do Santuario da Virxe da Barca e as peregrinacións a Muxía polo "Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía". Ditas peregrinacións constitúen un verdadeiro motivo de atracción de persoas durante todo o ano, non soamente de tódalas partes de Galicia, senón tamén do resto de España.

 

Outras festas relixiosas a destacar son:

PARROQUIA DE BARDULLAS
· Festa de San Xoan de Bardullas (xuño).

PARROQUIA DE COUCIEIRO
· Festa de San Pedro de Coucieiro (xuño).
· Festa do Socorro de Coucieiro (xullo).
· Festa de Santa Mariña (xullo).
· Festa da Santiña de Trasufre (setembro).

PARROQUIA DE FRIXE
· Festa do Apóstolo de Frixe (xullo).

PARROQUIA DE LEIS
· Festa de San Pedro de Leis (xuño).

PARROQUIA DE MORAIME
· Festa da Nosa Sra. do Carme de Moraime (xullo).
· Festa de San Roque de Moraime (agosto).
· Festa do Socorro de Moraime (agosto).

PARROQUIA DE MORQUINTIÁN.
· Festa do Socorro de Morquintián (xuño).

PARROQUIA DE MUXÍA
· Festa da Nosa Sra. do Carme de Muxía (xullo).
· Romaría de San Miguel (setembro).

PARROQUIA DE NEMIÑA
· Festa de San Cristobal de Nemiña (xullo).

PARROQUIA DE OZÓN
· Festa da Nosa Señora do Pilar de Suxo (xuño).
· Festa de San Isidro Labrador en Quintáns (agosto).
· Festa do Socorro de San Martiño de Ozón (agosto).

PARROQUIA DE VILASTOSE
· Festa do Socorro de Vilastose (xullo).
· Festa de San Ciprián de Senande (setembro).

Celebracións gastronómicas:

Festa do Congro (Venres Santo):

Exaltación do producto típico da vila. No ano 2001 celebrouse a V edición da celebración. Durante toda a xornada realízanse actuacións folklóricas e pasarrúas, ademáis da degustación do congro pola gran cantidade de visitantes que nesas datas acoden a Muxía. O producto prepárase nas súas diversas variedades (empanada, caldeirada, á prancha, etc.) polos diferentes establecementos do concello ( restaurantes, panaderías, bares, etc.), podendo degustarse na carpa instalada para a Festa e tamén nos restaurantes e bares a un prezo económico.

Aparte desta celebración gastronómica, en Muxía tamén poden degustarse ó longo de todo o ano pratos típicos doutros pescados (bertorella, badexo, dorada, etc.) e todo tipo de mariscos (percebes, bois, nécoras, centolos, etc.).


<< Volver