- Visita ás numerosas praias existentes, destacando sobre todo as do Lago, Area Maior en Os Muíños, A Cruz en Muxía, Lourido e Nemiña. - Vistas panorámicas dende algúns puntos da xeografía de Muxía, destacando a Enseada de Cuño, o Monte Corpiño, zona da Praia de Lago, o Cabo Touriñán, etc., representando este último a parte máis occidental de Galicia. - Visita obrigada ós dous conxuntos arquitectónico - culturais máis importantes de Muxía dende o punto de vista da súa trascendencia histórica: o Mosteiro e a Igrexa de Moraime e o Santuario da Virxe da Barca. - Destaca-los numerosos vestixios de igrexas e capelas diseminadas por todo o concello. - Unicos secadeiros de congro que aínda existen en Galicia. - Exposicións de encaixe, principal mostra e motivo de identificación da artesanía de Muxía. - Coñece-la obra de Ramón Caamaño Bentín e Gonzalo López Abente, verdadeiros representantes da vida cultural de Muxía.
- Contempla-lo conxunto de Casas Señoriais ou Pazos, as cais presentan unha arquitectura moi característica. - Presencia de restos dalgúns castros antigos como os do Castro, Monte do Castro de Xanzón, etc. - Hórreo de grandes dimensións xunto ó conxunto arquitectónico de San Martiño de Ozón. - As áreas recreativas máis importantes son o merendeiro de Ponte Constante, a área do Castro (recentemente restaurada), a Fonte da Tella en Os Muíños e a área de Suxo. Outras actividades
- Práctica en xeral de deportes de aventura e de risco: caza, pesca, sendeirismo (algunhas das rutas turísticas descritas anteriormente). - Percorridos en bicicleta ou a pe pola ampla rede de carreteras existente, permitindo gozar en moitos deles de excelentes vistas panorámicas. - A praia de Nemiña é un dos mellores lugares da zona para a práctica do surf, recibindo numerosos visitantes ó longo de todo o ano. - Práctica de montañismo suave, destacando a subida ó Monte Facho de Lourido (309 m).
|