<< Volver

Ruta 4. Camiño ás "Caldeiras do Castro":

Esta ruta presenta tamén un pequeno percorrido, comezando nun desvío da carretera de Coucieiro a Senande, o cal nos leva tamén ó lugar do Castro, previo tamén outro desvío. Neste lugar o río forma unha serie de rápidos que producen nas rochas do seu cauce curiosas formas alveolares, coñecidas polos veciños como "as caldeiras do Castro", proporcionando a esta parte do río unha gran curiosidade e beleza natural, acentuada máis se cabe pola presencia dunha área recreativa formando un todo coa capela (que data do ano 1660) e un cruceiro.

Outra alternativa sería visitar tamén o lugar de Trasufre, famoso pola presencia da capela da "Santiña de Trasufre", fundada en 1785 e á cal acoden moitos devotos no mes de setembro para celebra-la "Romaría da Santiña".


<< Volver